eirado.org

Eirado é unha cooperativa de consumo responsábel

Ou o que é o mesmo, somos un grupo de xente de Compostela que nos asociamos para comprar alimentos ecolóxicos directamente a produtores/as da nosa comarca. Despois repartímilos entre nós e conseguimos:

O noso blogue
FIARE, UN PROXECTO DE BANCA ÉTICA 23 de Xaneiro de 2012

FIARE, UN PROXECTO DE BANCA ÉTICA

A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou inintencionais.

Toda decisión económica é, definitivamente, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e con consecuencias que favorecen a unhas persoas e prexudican a outras.

Cada vez máis persoas e colectivos van sendo conscientes desta realidade e intentan tomar decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou as súas inversións, con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente. Xorden así preguntas como as seguintes:

-Cobre o sistema bancario actual as nosas demandas como aforradoras, consumidoras ou inversoras?

-Atopan, asociacións e persoas, respostas nas entidades bancarias tradicionais?

-Onde e desde que criterios invisten os nosos cartos as institucións financieiras?

-Respostan as entidades financieiras ás demandas das nosas sociedades e, especialmente, ás que proveñen de sectores desfavorecidos?

-Existe un modelo alternativo de banca que sitúe esas demandas no centro da súa misión, visión e valores?

A pretensión de dar respostas satisfactorias a estas preguntas atópase no inicio e na base do proxecto de Banca Ética de Fiare.

COMO PARTICIPAR DO PROXECTO DE BANCA ÉTICA DE FIARE.

Anímate e convértete en:

  • Socio/a promotor/a: contribúe co seu tempo á construción e difusión do proxecto, participando con voz e voto na toma de decisións.
    • Achega de capital social: persoa física, mínima de 300 €; persoa xurídica, mínima de 600 €.
    • Achega de fondos adicionais para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido): a partir de 30 € as persoas físicas, e de 300 € as persoas xurídicas.
  • Socio/a colaborador/a: contribúe ao proxecto pero non está en disposición de asumir o compromiso de traballo do socio/a promotor/a.
    • Achega de capital social: persoa física, 300 €; colectivos, 600 €; empresas e institucións públicas, 1.800 €.
    • Opcionalmente pode contribuír aportando fondos para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido).

Ser entidade ou persoa social promotora ou colaboradora posibilitará a participación democrática na futura cooperativa de crédito.

Para conseguir que o anterior sexa posible podemos colaborar de moitos xeitos, todos eles son importantes e necesarios. Son fundamentais as achegas económicas, pero tamén son indispensables o traballo de difusión e formación, a cesión dun espazo no propio local, participar nos equipos de traballo (difusión, materiais etc.), colaborar nos grupos locais (polo momento na Coruña, Vigo e Santiago, e en creación noutras cidades galegas) etc.

Polo tanto, se facer unha achega económica non é posible polo momento para ti ou para a túa asociación ou colectivo, non te preocupes, hai moitas máis formas de participar como acabas de ler. Comenta as túas posibilidades, fai suxestións etc. no correo:

Máis información? Busca outras novas publicadas en: Novas
Ou participa nos comentarios e o debate sobre esta nova. Ata o de agora: non ten comentarios.

Hoxe na praza do Toural mercado «Para consumir sen nos cosumir» 22 de Decembro de 2011

 

Seis organizacións e o movemento das ‘Indignadas’ impulsan mañá
en Compostela un mercadiño Para consumir sen nos consumir

Hoxe (xoves 21), os colectivos ADEGA, Amarante, Equisol, a Gentalha do Pichel, Panxea e
Verdegaia levan á Praza do Toural ideas prácticas para un
consumo máis consciente coa colaboración das Asembleias do 15-M.

Ás portas do Nadal e para respostar á chamada ao consumo e aos
excesos propios destas datas estas organizacións propóñennos
un mercadiño alternativo onde se amosará outro xeito de facer a compra.

Tamén desenvolverán: un obradoiro de xoguetes feitos con materiais de refugallo, unha xornada de troco, e información sobre a pegada ecolóxica e social que xeran os nosos hábitos de consumo. Son algunhas das actividades que se propoñen para este xoves, 21 de decembro.

-Máis información na páxina de ADEGA ou Verdegaia.

Máis información? Busca outras novas publicadas en: Comunicación Novas
Ou participa nos comentarios e o debate sobre esta nova. Ata o de agora: non ten comentarios.

Queres saber máis? Visita a nosa sección de novas e entérarte de toda a nosa actividade ordeada por temas ou datas

Receitas

Aquí tedes unha escolma coas nosas últimas receitas

Ou consulta todas as nosas receitas

Participa

Se es parte da cooperativa entra na comunidade para estar ao día de todo o que acontece nela

Se desexas facer unha entrada no bloque ou cambiar algunha páxina entra aquí

Produtores/as

Se produces ecoloxicamente no noso contorno, se cadra che interesa vendernos os teus produtos. Continuamente estamos a buscar produtores na nosa comarca. Consulta aquí o que procuramos.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org