Se tes vontade de formar parte de Eirado estás de sorte, porque é unha experiencia aberta a todo o mundo. Daquela, cal é o proceso para asociarse e participar?
Proceso de admisión de unidades de consumo en Eirado
Consta básicamente das seguintes fases:
- Enviar a petición de alta no grupo por correo electrónico a grupoeirado@gmail.com. Lembra que a admisión é para “unidades de consumo”, é dicir, que se sodes varias as persoas na casa só tendes que presentar unha solicitude. Indicar na solicitude nome completo, número de membros da unidade de consumo, mail e móbil de contacto.
- Unha vez recibida a solicitude avisaremosvos para acudir á seguinte asemblea que celebremos onde se formaliza a alta no grupo da unidade de consumo.
- Ingresar a parte proporcional da cuota trimestral (30€).
- Marcar unha reunión coas unidades encargadas da xestión do seguinte pedido.
Ao finalizar o proceso de alta incluiremos o teu mail na lista de distribución do grupo, desde onde se xestiona toda a comunicación do grupo e facilitaremosche o usuario da tenda on-line para que poidas facer os pedidos.
Baixa en Eirado
A baixa dunha unidade de consumo poderá realizarse a petición propia ou ben a proposta da asemblea. Sendo efectiva desde o mes seguinte á súa comunicación.
A baixa implacaría a eliminación da lista de comunicación e a imposibilidade de realizar máis pedidos.
En ningún caso se devolverá a cuota económica do trimestre en curso.