eirado.org

FOMENTO DE EMPREGO EN COOPERATIVAS E PROMOCION DO COOPERATIVISMO

7 de Xuño de 2008

No DOG acabase de publicar a Orde do 22 de maio de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. Este programa inclúe seis iniciativas:

-Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
-Programa II: mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais.
-Programa III: impulso de proxectos empresariais cooperativos.
-Programa IV: fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
-Programa V: actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
-Programa VI: apoio ás cooperativas que prestan servizos sociais e de integración social.

Non incluímos aquí o texto completo, pero o podedes consultar neste enlace.

Publicado en: Blogue Novas Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes): , ,

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org