eirado.org

Taller GERMINAL en Pontevedra

23 de Outubro de 2008

QUE É? Ao abeiro do Programa «Cooperativismo de Consumo Consciente na Comarca de Pontevedra» organizado polo Concello de Pontevedra, o próximo 24 de Outubro  a partir das 17 horas, celebrarase un taller coa cooperativa catalana de consumo de produtos ecobiolóxicos Germinal, co fin de coñecer a súa experiencia e tirar información que poida ser de utilidade para o proxecto de cooperativa deste tipo que se pretende crear na comarca de Pontevedra.

QUEN PODE VIR? A esta sesión están convocadas as persoas do grupo promotor do proxecto cooperativo da comarca de Pontevedra, sen prexuízo de que poidan asistir novos colectivos e persoas interesadas en tomar parte nesta iniciativa. Pretendese que neste taller as persoas asistentes participen de forma activa, co fin de fomentar o coñecemento mútuo e o dinamismo no desenvolvemento da actividade.

INFÓRMATE Para máis información sobre o Programa as persoas e colectivos interesados poderán contactar coa ADR PRODER II da Comarca de Pontevedra no teléfono 986 108 144 e na Federación de Cooperativas SINERXIA no teléfono 986 896 526.

Publicado en: Blogue Novas Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes): , ,

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org