eirado.org

Xornadas sobre redución da FEG

3 de Novembro de 2008

A Federación Ecoloxista Galega organiza este fin de semana unhas xornadas moi interesantes sobre redución.  Coas súas palabras:

‘Con estas Xornadas queremos debater e falar encol da Redución, o primeiro dos 3 R, e que, aínda que aparece en todas as leis e plans de xestión de residuos, remata por ser a esquecida.


Contaremos con poñencias mais teóricas, onde falaremos sobre a ética da redución, o efecto da publicidade sobre o consumismo e a xeración de residuos, o traballo que se ten feito (ou non) sobre redución desde a educación ambiental, aspectos económicos…


Completaremos este apartado cunhas comunicacións sobre experiencias ou iniciativas na redución, nas que participará unha representante da Fundació Catalana per a la Prevenció dels Residus i el Consum e tamén representantes de diversos colectivos e administracións de Galiza. Fica pendente a confirmación dalgún colectivo de Portugal.(…)

Para inscribirse abonda con enviar un correo electrónico a: feg@federacionecoloxista.org facendo constar os datos personais e un número de contacto.

Hai unha cuota de inscripción de 5€ para socias/os das grupos da feg, e de 10€ para os resto de asistentes, a ingresar na conta da feg (caixa nova) 2080 0492 69 0040104336 ate o día de inicio das xornadas. Importante. ao facer o ingreso fai constar o teu nome e o concepto «Xornadas de redución»‘

Animádevos!

Publicado en: Blogue Novas Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes): , ,

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org