eirado.org

As empresas ameazan aos concellos con seguir cultivando transxénicos

12 de Decembro de 2008

Tres das localidades implicadas declaráronse zona libre destas plantacións,pero o Estado avísalles de que esta medida é «ilegal».

Pouco importan as queixas dos concellos. As multinacionais biotecnolóxicas encargadas dos ensaios con millo modificado xeneticamente en Galicia non cambiarán os seus plans nos municipios nos que levan a cabo os seus experimentos, malia que algúns deles se declararon nos últimos meses Zonas Libres de Transxénicos (ZLT).

Pioneer e Monsanto, as dúas empresas que cultivan maínzo trans-xénico en nove concellos galegos, advirten de que é «ilegal» declararse libre destas plantacións e ameazan con continuar cos seus proxectos cando lles pete, xa que as autoridades locais «non teñen competencia neste asunto». As multinacionais lembran que «en todo o Estado» é o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño «o que autoriza os ensaios» e a lexislación da Unión Europea «a que define o seu marco legal». Nin a Xunta nin os concellos teñen competencias.

Ver toda a nova

Publicado en: Blogue Novas

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org