Sopa de Castañas
9 de Xaneiro de 2009Ingredientes
- 1 kilo de castañas frescas1
- 1 litro de caldo de ave
- 1/4 de nata lÃquida
- fiuncho fresco (hinojo), anÃs
Como facela
Facerlles unha raxa ás castañas e fervelas en auga con sal para logo pelalas. Despois de limpas, polas a cocer no caldo de ave xunto con dous plumeiros de fiuncho e unha cullerada de sementes de anÃs durante tempo suficiente a lume medio para que queden moi brandas, mÃnimo unha ou dúas horas.
Escoller as castañas máis grandes para adornar, retirar o fiuncho e as sementes de anÃs que se vexan, engadir a nata e pasar a sopa pola batidora. Se as castañas estaban ben frescas quedaranos unha crema suave e pouca espesa.
Publicado en: Receitas Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes): castañas, outono, sopas
