eirado.org

E ti que vas levar á Merendola do 27!?

18 de Febreiro de 2009

O venres 27 de febreiro ás 19 horas temos a primeira Merendola-Xuntanza de Eirado no noso local (Avda.Quiroga Palácios 8, baixo).

O obxectivo

merendola

O obxectivo é que o pasemos ben, nos coñezamos un chisquiño máis e que isto sirva coma impulso para que a nosa asociación camiñe máis rápido. E…dixen xa o de pasalo ben ?

A idea.

A idea consiste en que cada persoa leve algo de picotear feito na súa casa para compartir cos demais. A xente de Panxea vainos levar tamén café e chocolate quentiños.

Que vas levar?

Non é obrigatorio levar nada así que se non che da tempo non te preocupes.

Se tes medo de levar o mesmo que todo o mundo fíxate nos comentarios deste post. Neles podes dicirnos que vas levar para que todo o mundo o vexa. Tamén, se tes un antoxo, pódelo dicir aí;  se cadra alguén se anima a levalo para ti.

Que non ves os comentarios? Se non os ves fai click no título do post ou aquí para velos. É moi sinxelo!

Publicado en: Blogue Comunicación

10 comentarios para “E ti que vas levar á Merendola do 27!?”

  1. admin Says:

    Aquí, aquí! Deixade aquí nos comentarios o que vaiades levar

  2. Xulia Novales Says:

    Nos pensamos en levar unha pizza e un biscoito de nata de avea ámbolos dous caseiros, claro!

    Os dous están de rechupete!!

  3. Bibi+Tino+Berta+Martinho Says:

    Nós levaremos queixo de untar con pementos confitados, tamén levamos as mariñeiras e coiteliños pra untar.

  4. José Luis+Susana+Maruxa Says:

    Nós imos levar unhas torradas de queixo (do rico queixo de arqueixal) con rixóns e un flan de queixo.

  5. Óscar e Noa Says:

    Ñam, ñam…que ben sona todo!!
    Pois nós levaremos humus con algo no que untalo e un par de botelliñas de sidra!

  6. Cristina Says:

    Pois eu hei levar algo doce: Umhas pastas.

  7. Iago Says:

    Pois eu levo em princípio o clássico arroz com leite. Todo da cooperativa…

  8. María Says:

    Ola, eu levarei unhas botellas de zume de gustos variados
    Chuchos

  9. Conchi+Miguel Says:

    Nos levaremos unha empanada, espero que nos saia ben!!!!

  10. Ana G. Lenza Says:

    Eu irei, pero aínda non sei o que me dará tempo a preparar: se non pode ser outra cousa, o clásico biscoito de iogur, con farinha ecolóxica, ovinhos da casa e limón das hortas de Sar. :-)

Deixe un comentario

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org