eirado.org

Créase o 1º Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra

16 de Marzo de 2009

A ADR comunica a posta en marcha do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, co obxectivo de axudar á organización do tempo dos/as cidadáns/ás con criterios de sustentabilidade, en especial das mulleres.

Calquera persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra, Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com

Entre os intercambios que, a priori parecen máis propicios, pódense destacar a Formación e educación, Asesoramento/orientación, Atención ás persoas, o Coidado do corpo e da saúde, as Tarefas domésticas, Informática ou o Transporte entre outrosbancodetempo.

Publicado en: Blogue Novas Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes): ,

Deixe un comentario

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org