XORNADAS-ENCONTRO SOBRE SOBERANÍA ALIMENTARIA
3 de Marzo de 2009XORNADAS-ENCONTRO POR UN DESENVOLVEMENTO HUMANO SOSTIBLE A TRAVÉS DA SOBERANÍA ALIMENTARIA: BUSCANDO ESTRATEXIAS DENDE GALICIA
Emaus, membro da ISAP, organiza estas xornadas que pretenden crear un espazo de reflexión e debate para organizacións e persoas que dende diversos ámbitos (ONGD, DDHH, organizacións agrarias, de formación, de consumo, ecoloxistas, feministas, etc.) están implicadas na promoción da Soberanía Alimentaria, co fin de avanzar na definición de estratexias, retos e áreas de colaboración específicas para o seu fortalecemento e difusión en Galicia nos aspectos de produción, consumo e recursos naturais, con visión norte e sur, e en varios niveis de actuación (sensibilización, incidencia política, actividades produtivas, etc.).
PROGRAMA:
VENRES, 6 DE MARZO DE 2009
Mañán
10′30h. Presentación.
11-11′50h. Experiencias dende Galicia. Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (ISAP).
Xosé Mª García Villaverde. Universidade Rural Paulo Freire do Eume (EUROEUME). Anxo Zas.
11′50-12′15h. Descanso- café.
12′15-13h. As mulleres como garantes da soberanía alimentaria: Marcha Mundial das
Mulleres; Tereixa Otero.
13-14 h. Compartindo experiencias do Sur: Movimento Nacional Campesino e
Indígena (MNCI) – Arxentina; José Rubén Lobos.
14-16:30h. Descanso – comida.
Tarde
16′30 h -18′30 h.
Obradoiro: Retos, fortalezas e carencias para a xeneración de redes de Soberanía
Alimentaria; Tom Kucharz (Ecologistas en Acción, Verdegaia).
18′30-19h. Conclusións
19h. Clausura.
Lugar:
SANTIAGO DE COMPOSTELA, Club Internacional de Prensa: Avda. A Coruña, 6 baixo.
Contacto: Emaús Fundación Social.
Charo Baamonde (edgalicia@emaus.com)
986 22 02 84 / 625 664 354
