eirado.org

Barriñas enerxéticas

14 de Abril de 2009

 

 

Ingredientes:chocolate

Un vaso de sementes de sésamo

Un vaso de sementes de xirasol

Un vaso de sementes de cabaza

Unha tableta de chocolate

Dúas culleradas de mel

Unha cullerada de azucre integral

 

 

Como facelas:

Tostamos as sementes nunha tixola por separado xa que cada unha terá un punto de tostado diferente.  Recoméndase non deixar de remover ata que adquiran un ton axeitado.

Mestúranse logo todas as sementes e engádese o chiculate cortado en anaquiños. Nun cazo teremos que derreter moi ben o azucre co mel e logo botaremolo xunto coas sementes e o chiculate. Iremos remexendo con movementos envolventes para que todo quede cuberto polo mel.

Preparamos un molde, que ben pode ser un tupper e o untamos con aceite. Nel vertemos a mezcla e imos presionando ben por toda a masa para compactala. Para conseguir que endureza rápido podemos metela na neveira.

Cando esté dura, desmoldamos e cortamos en anacos. As que nos sobren gardamolas nun bote hermético. Eu recomendo deixalas gardadas na neveira para que non derretan.

Os nenos poden axudar nesta divertida receita e logo a desfrutalas na merenda

 

Publicado en: Receitas

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org