eirado.org

Xornadas Galegas de Economías Alternativas

23 de Xuño de 2009

Troco e cesión, bancos de tempo, moedas alternativas, ferramentas financeiras éticas.

Centro Social do Calvario, Vigo (rúa Numancia, 3) - 27 e 28 de xuño de 2009.

  • Estamos en crise? O sistema económico neoliberal, baseado no espellismo do crecemento sen freo, na especulación absurda e a depredación do medio afúndese, fagocitándose a si mesmo
  • Estamos en crise? Os bancos e as multinacionais que esquilman a terra coa súa delirante obsesión polos beneficios ven como se acenden todas as alarmas.
  • Estamos en crise? Os gobernos, cómplices durante décadas do desenvolvismo salvaxe, bótanse as mans á cabeza e declaran que chegou o momento de que a bolsa salvadora do Estado pague as facturas dos especuladores.
  • Son eles os que están en crise, pero nós os que a sufrimos. E pretenden que, unha vez máis, as cidadáns lles saquemos as castañas do lume.

É tempo de mudanzas. Cando o Estado se afunde, cobran forza unha vez máis os sistemas económicos éticos: propostas claras, viables e sensatas, respectuosas coa contorna, que non confunden benestar con incremento da produción e que apostan pola reciclaxe, a utilización consciente dous recursos, a solidariedade e o ben común.

As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario, invitámosvos a participar, os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, nun encontro galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco, cesión…

O obxectivo destas xornadas é propiciar un contacto entre os grupos e organizacións galegas que traballan para impulsar una economía ética. O encontro iniciarase a mañá do sábado 27 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e a exposición das actividades que estades a desenvolver. Troco, cesión, bancos de tempo, moedas alternativas, instrumentos financeiros éticos… A economía real, a economía decente.

E, o domingo, realizaremos un roteiro guiado polo espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, en Porriño. Porque a economía é tamén, ecoloxía.

Programa do sábado 27 de xuño

  • 11:00-13:00  Mercadiño de troco e cesión na rúa Urzáiz, fronte ó mercado do Calvario.
  • 14:00 Xantar conxunto das persoas asistentes ás xornadas.
  • 16:00 Asemblea de organizacións de troco, cesión, bancos de tempo e economías alternativas. Presentación, posta en común de experiencias, propostas de futuro.
  • 19:00 Presentación de ferramentas financeiras éticas (Coop-57, Fiare, etc.); redes de Troco (Ourense, Ferrol, etc); e moedas alternativas
  • 21:00 Cea conxunta na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio: actuacións e lecer.

Programa do domingo 28 de xuño

  • 10:00  Partida cara as Ribeiras do Louro, no Porriño.
  • 11:00 Roteiro guiado polo espazo natural.
  • 14:30 Xantar conxunto das persoas asistentes na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio.

Contacto

Email: vigo@verdegaia.org

http://vigotroca.arkipelagos.net

Publicado en: Blogue Formación Novas

Deixe un comentario

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org