Hamburguesas de faba negra
1 de Xullo de 2009
Ingredientes:
-
100g cenoria finamente raiada.
-
200g cebola raiada.
-
2 culleriñas de pirixel picado.
-
½ fabas (azukis ou negras).
-
10cm. alga kombu.
-
1 vaso de copos de avea.
-
2 culleriñas de shoyu (ou unha chisco de sal)
-
1 cullerada de aceite de sésamo ou xirasol.
-
½ vaso de fariña integral.
Preparación:
1.- Deixar en remollo as fabas coa kombu nunha cunca de auga toda a noite. Cocer a lume brando 1’30h. e pasalo polo muíño de hortalizas. Engadir o resto de ingredientes, salvo o aceite e a fariña. Deixar repousar 30m para que os copos absorban o líquido.
2.- Por a fariña nun prato. Tomar porción cunha culler e pasalos pola fariña e esmagar e forma de galleta.
3.- Verter o aceite na tixola e frixir polos dous lados.
Esta “hamburguesa” constitúe un prato completo que pode servirse como un prato único, acompañado sinxelamente con unha ensalada para un xantar lixeiro. A masa pode prepararse antes, conservándoa na neveira ate o momento de xantar.
Publicado en: Receitas
Esta entrada publicouse , o Mércores, 1 de Xullo de 2009 as 06:43 horas e está gardada baixo Receitas. Podes seguir cualquer resposta a esta entrada mediante o canal RSS 2.0.
Podes deixar un comentario ou enviar un trackback dende o teu propio sitio.