eirado.org

Leite de avea

1 de Xullo de 2009

Ingredientes (para 1l de leite):avena

  • 1’4l de auga.

  • 1 culleriña de sal.

  • 100g de avea.

Preparación:

1.-Lavar a avea, engadir o sal e o auga e poñer nunha ola a presión. Cando suba a presión cocer durante 15 min.

2.-Deixar que baixe a presión naturalmente. Remover ben unha vez aberta a ola. Coar.

3.-Os graos que quedan pódense tomar no almorzo, ou empregar como espésante dunha sopa ou guiso.

 

O leite de avea consérvase unha semana na neveira ou catro días fora se non usas a neveira. Podes empregala para salsas ou sobremesas. É suave, densa e moi dixestiva.

 

Publicado en: Receitas

Deixe un comentario

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org