Tortilla vegana (sen ovos)
3 de Xullo de 2009
Ingredientes:
-
Fariña de garavanzo.
-
Pataca
-
Cabaciño.
-
Cebola.
-
Aceite.
-
Sal.
Preparación:
Â
Â
Â
Pelar as patacas e picalas como para unha tortilla normal. Pelamos e picamos a cebola. Nunha tixola quecemos o aceite e sen que chegue a moita temperatura, botamos as patacas e a cebola.
Mentres se van frixindo estes ingredientes, facemos unha dilución de fariña de garavanzo similar a cantidade e textura de ovo que precisariamos.
Cando xa estean frixidas as patacas e cebola, botamos o cabaciño raiado.
EngadÃmolo sal.
Escorremos todo e o botamos na mestura de garavanzo remexendo ben.
Se quedou moito aceite na tixola o retiramos.
Voltear todo na tixola e axeitar a tortilla a leme non moi forte.
Esta tortilla podemos facela cando hai poucos ou ningún ovo caseiro. De tomar ovos industriais, e mellor empregar a fariña de garavanzo para o aporte de proteÃna e cun sabor moi similar as tortillas de sempre.
Publicado en: Receitas
Esta entrada publicouse , o Venres, 3 de Xullo de 2009 as 05:47 horas e está gardada baixo Receitas. Podes seguir cualquer resposta a esta entrada mediante o canal RSS 2.0.
Podes deixar un comentario ou enviar un trackback dende o teu propio sitio.