eirado.org

Encontros de consumo esta fim-de-semana em Redondela!

10 de Setembro de 2009

103100_foliada

Desde a Foliada Redondela, Festival de intercambio entre Galiza e Catalunya que este ano ten como eixos principais os hábitos de consumo e a mobilidade, convidávosmos a uns encontros que se van a realizar dentro da programación prevista para esta fin de semana.

O primeiro terá lugar o Venres ás 18 h no multiusos de Redondela e titulase:

- Encontro de cooperativas/asociacións… sobre outras posibilidades de alimentarnos, producir e/ou consumir

Onde participarán entre outras a:

- Asociación de consumo responsable Loaira de (Redondela)

- Hortas comunitarias Can Masdeu (Nou Barris) Máis información en: http://www.canmasdeu.net/wp/?page_id=20

- Cooperativa Userda (Nou Barris) Máis información en: http://userda-9.blogspot.com/

- Proxecto Amorodo (Ames, Rois e Dodro) Máis información en: http://www.proxectoamorodo.org

- O Grelo Verde (Verín) Máis información en: http://webs.uvigo.es/cultura.tradicion.innovacion/o%20grelo%20verde.doc

O segundo encontro terá lugar o Sábado ás 12 na casa da cultura e será un:

- Encontro de colectivos de consumo alternativo.

Neste encontro se tratará de amosar distintas posibilidades de facer cousas, ou obtelas sen necesidade de mercalas ou pagar por elas. Para iso virán desde Catalunya a falar da Xarxa d’intercanvi de coneixements, desde Ourense a explicarnos que é a Cousateca, e desde Vigo a explicarnos por exemplo como se pode trocar usando as novas tecnoloxías (este último está pendiente de confirmación).

Todos estes encontros se atopan dentro da programación da Foliada, (vola mandamos adxunta), que como veredes é moi completa e diversa.

Animámosvos a vir a Redondela e a participar nas actividades!

Un saúdo

Foliada Redondela

PD1: O sábado todo o día haberá  feira de prod. ecolóxicos, locais e artesanais; así como de troco (isto só pola mañá) así que se queredes ide buscando cousas para traer-trocar!
PD2: Para irdes a illa de S. Simón debedesvos apuntar na oficina de turismo de Redondela  (telf: 986401713)
PD3: Haberá un posto para depositar papelada, por se queredes traer información das vosa asociacións, locais sociais…
PD4: Difundide a todo aquel/a que creades lle pode interesar
Publicado en: Blogue Comunicación Info Eirado Novas Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes): , , ,

Un comentario para “Encontros de consumo esta fim-de-semana em Redondela!”

  1. Banco do tempo de Valladares Says:

    Dende o banco do tempo de Valladares queremos comunicarvos que o próximo venres 13 de novembro teremos un Obradoiro arredor da «Esfollada do millo».
    O encontro será as nove da noite na «Casa de montes»(Baile Vello). É recomendable que levedes «sustento» para o remate da «Faena» (a ser posible,productos caseiros).
    Quedades tod@s convidad@s .
    ¡¡¡¡¡Non faltedes !!!!!

    Saúdos dende o Banco do tempo de Valladares

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org