eirado.org

CREMA DE CABAZA E CASTAÑAS

16 de Outubro de 2009

Ingredientes:
8 castañas
500 gr de pulpa de cabaza (sen pel)
1 cebola pequena
20 gr de manteiga (unhas 2 culleradas )
750ml de caldo (ao gusto)
Aceite de oliva
sal e pementa
100 ml de nata para cocinar (medio brick pequeno)
Un puñado de piñóns e sementes de cabaza

Elaboración:
Primero póñense as castañas a ferver durante 15 minutos, para ablandar a pel. Mentras, cortar a cebola e a cabaza en dados. Por a cebola a refritir a lume baixo nunha tixola con unha cullerada de aceite de oliva e dúas de manteiga.
Pelar as castañas e partir  nun morteiro. Logo volver a por ao lume a cocer, desta volta co caldo.
Cando a cebola comece a dorarse engadir a cabaza e deixar todo xunto outros 15 min. Unha vez cociñadas incorporar ao caldo coas castañas. Deixar ferver a lume baixo 15 min ata que a cabaza esté ben blanda..
Pasar pola batidora e engadir nata líquida. No prato poñer por enriba os piñóns e as sementes de cabaza, mellor se os douramos  algo antes nunha tixola.

Unha saborisísima combinación

Publicado en: Receitas

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org