E ti que vas levar á 2ª Merendola de Eirado!?
15 de Outubro de 2009A sexta-feira/venres 23 de Outubro às 17:30 horas temos a segunda Merendola-Xuntanza de Eirado no noso local (Avda.Quiroga Palácios 8, baixo).
O obxectivo
O obxectivo é que o pasemos ben, que nos coñezamos un chisquiño máis e que isto sirva de impulso para que a nosa cooperativa camiñe máis forte e segura. E…dixen xa o de pasalo ben?

A idea
A idea consiste en que cada persoa leve algo de petiscar feito na súa casa para compartir cos demais. Desta vez queremos animarvos especialmente a facer algo con castañas… Na área de receitas aparecerán estes dias ideas de cousas que podedes facer con elas… Mmm…
Que vas levar?
Non é obrigatorio levar nada asà que se non che dá tempo non te preocupes. E se prefires comprar algo sempre podes consultar primeiro o noso GuÃa do consumo responsábel em Compostela.
Se tes medo de levar o mesmo que todo o mundo fÃxate nos comentarios deste post. Neles podes dicirnos que vas levar para que todo o mundo o vexa. Tamén, se tes un antoxo, podes dicilo aÃ; se cadra alguén se anima a levalo para ti.
Por outro lado, se gustarÃas de que se fixese, ou de facer ti mesma, algún tipo de actividade de dinamización concreta tamén a podes compartir connosco deixando un comentario.
E asà foi…


15 de Outubro de 2009 at 00:19
Deixade aqui os vossos comentários!!
15 de Outubro de 2009 at 09:38
Pois eu esta vou ter que perde-la, que esse dÃa tenho um curso… :-( Mas animo a todo o mundo a ir: depois da experiéncia anterior, estou segura de que se vai passar bem!!! Eu fago umha mousse de chocolate e castanhas mui rica, se alguem quere a receita que ma pida, já que eu nom a vou poder levar. Saudinhos!
19 de Outubro de 2009 at 01:20
Nós tentaremos levar arroz com leite e castanhas… a ver que tal sai o invento!! Beijos
21 de Outubro de 2009 at 02:19
Eu esta non ma perdo!!! A mousse que di Ana fÃxena eu pra unha cea e está riquÃsima de verdá, a receita (sacada dun recetario da Gentalha) está colgada na web para quen se anime. Eu estou preguiceira… penso que tentarei facer as barriñas enerxéticas de sementes. Tamén un paté de algas para untar…
Ata o venres! Bikos!
21 de Outubro de 2009 at 04:07
olá!!
por favor que alguén se anime con esa mousse de Ana!!!!
Nós levaremos unha tortilla de mazás que aprendimos no obradoiro de cociña responsable de Verdegaia.
De paso fago un chamamento aos que teñan nen@s para ver se nos curramos algo para os peques, inda que sexa levar uns xoguetiños….
que alguén leve cámara!!
bjs
bibi
21 de Outubro de 2009 at 12:48
Que tal um molho de requeijo… pensando nos adultos ;) ?
Bicos,
Iago
21 de Outubro de 2009 at 13:56
Boas!!
Para esta 2ª merendola queremos facer un biscoito de plátano, a ver como se nos da, a verdade é que temos algún que outro atranco:non contamos con demasiado tempo e ademáis é a primeira vez que imos facer esta receita. Asà que non prometemos nada…
22 de Outubro de 2009 at 00:45
Boas de novo! Que tal se @s nen@s se animam a fazer um mercado de troca improvisado? Poderiam traer os seus brinquedos/xoguetes velhos ou aqueles de que nom gostem e trocá-los com @s outr@s nen@s! Bom, nom sei que opinam as persoas mais directamente afectadas…
Bicos!
22 de Outubro de 2009 at 02:41
Boas!!!
Soamento vou a estar un ratiño na merendola, xa que non quero perder estar nunha actividade que non sexan reunións ou pedidos. Debido a que non dispoño de tempo levarei algún zume (espero ter tempo a mercalo) e levarei uns vasos.
Bicos e ata mañá!!!
22 de Outubro de 2009 at 06:04
Boas! Pois pola minha banda levarei algo de queijo e algunha cousinha máis que se me ocorra polo caminho…
22 de Outubro de 2009 at 10:32
Eu queria levar o pam e algo para untar nel. A ver se me dá tempo a fazer pam caseiro…