eirado.org

LENTELLAS CON CASTAÑAS

13 de Outubro de 2009

Ingredientes:

·        1 cunca de castañas

·        1 cunca de lentellas cocidas

·        Aceite

·        3 culleradas de mel

·        1 cullerada de vinagre

·        Sal, pementa negra, comino, sementes de cilantro, nébodas e menta

 

Preparación:

 

Cocer as castañas sen casca con auga e sal. Durante a coción esmagar nun morteiro a pementa, o comino, as sementes de cilantro, a menta, a néboda, o mel e o vinagre.

 

Pasar as castañas cocidas e a mistura do morteiro para outra cazola con aceite e por a ferver. Cando estea ben cocido retirar e volver a esmagar no morteiro ou coa batidora.

 

Engadir ás lentellas cocidas e servir engadindo aceite crú.

 

Receita completa e saborosa para un frío día de outono

Publicado en: Receitas

Deixe un comentario

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org