eirado.org

MOUSSE DE CASTAÑAS E CHOCOLATE

13 de Outubro de 2009

Ingredientes:

·       400g de castañas peladas                      

·       100g de chocolate fondant sen leite

·       1 cullerada pequena de café soluble

·       1 cullerada pequena de manteiga

·       3 culleradas de azucre

·       200 ml de nata montada e azucrada

 

Preparación:

Cocer as castañas ata que estén blandiñas. Escorrelas e pasarlle a batidora (engadir algo da auga de cocción). Mentras, fundir ao baño maría o chocolate coa manteiga, botarlle o café disolto nun chisco de leite e o azucre e batir ata acadar unha crema fina.

Misturar a crema e o puré de castañas en quente, finalmente engadir a nata e meter no refrixerador. Disfrutar.

 

Deliciosa e golosa maneira de aproveitar este froito outonal

Publicado en: Receitas Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes):

Un comentario para “MOUSSE DE CASTAÑAS E CHOCOLATE”

  1. Óscar Says:

    que boa pinta tem istoooo! quem se anima e o fai para a merendola?? venha oh….

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org