eirado.org

Xornadas Terra e Cultura Sustentable (TEO)

5 de Outubro de 2009

O vindeiro sábado 10 de Outubro comezan no concello de Teo as xornadas de terra e cultura sustentable.

A seguir, o programa da primeira das 9 xornadas (que se van celebrar durante en sábados consecutivos):

  • Charla temática sobre PermaCultura e Sustentabilidade por Antonio Palma de PermaCultura na Galiza.
  • De seguido, obradoiro dos produtos artesáns do Fogar: Pan, empanada e croquetas. Despois de xeito simultáneo activarase a oferta cultural e de lecer.
  • A Asociación de pais de minusválidos de Teo (Aspamite) ofrece de xeito permanente ao longo das xornadas unha exposición da artesanía, realizada polas persoas integrantes da asociación.
  • Os artistas OSCAR ALDONZA e TUCHO ABALO ofreceran en vivo, unha nova proposta de reciclaxe aplicada á escultura. Comezarán a elaboración dunha peza artística feita con barro e lixo reciclado, que irase completando ao longo das xornadas.
  • Haberá música tradicional para ambientar os espazos e as actividades.
  • ACTIVIDADES PARA NEN@S: os máis cativos poderán disfrutar dun payaso, taller de globos, e maquillaxe. Asemade para o resto d@s nen@s haberán xogos, dinámicas grupais, pinturas e imaxinaremos os sons da natureza.
  • Proxección do vídeo “The Greening of Cuba: Verde Que Te Quiero Verde” .
  • Despois do xantar, farase unha visita á horta ecolóxica do Fogar do Santiso.

Máis información na web do Fogar do Santiso

Publicado en: Blogue Formación

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org