eirado.org

5 ª Xornada.Terra e Cultura Sustentable

4 de Novembro de 2009

panel-druida-poeta

5ª Xornada - Sábado 7 de novembro de 2009

AUGA E SUSTENTABILIDADE

PROGRAMA

10,00 Mesa Redonda – AUGA E SUSTENTABILIDADE: (modera A.C. Os Ameios)

Xestión sustentable de auga - Xan Neira Seijo, Agroecólogo
Xan Neira é Profesor de Planeamento de Recursos Hídricos da E.P.S. e responsable de numerosos Cursos de Agroecoloxía da USC; membro da Sociedade Galega de Agroecoloxía (SOGA); vogal responsable da Auga da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica; responsable da Campaña “Son de Auga, Latexos da Terra”, para a promoción do uso racional da auga de estudantes de secundaria; responsable e colaborador en proxectos e estudos de mellora no uso de auga en zonas regables, entre eles o proxecto AEFER (Agricultura Ecológica, Fuente de Empleo Rural), para promover o establecemento e conversión de agricultores e empresas á agricultura ecolóxica.

Depuración de augas con Microorganismos Efectivos EM - Andrés Reboreda, Reboreda S.L.
Reboreda s.l., ven traballando dende o ano 2003 con Microorganismos Efectivos como sustituto dos productos de síntese.
O concepto dos Microorganismos Efectivos (EM©) foi desenvolvido polo profesor Teruo Higa da Universidade de Ryukyus, en Okinawa, Xapón. Os Microorganismos Efectivos revélanse como unha oportunidade no tratamento biolóxico de augas residuais en pozos e fosas sépticas, para a súa reutilización en sistemas de rego para a agricultura.
Sistemas de macrófitas para depuración de augas residuais – Analía Moares, Amigos da Terra
Analía Moares é a responsable do centro de educación ambiental As Corcerizas, onde Amigos da Terra apostou pola realización dunha balsa para depuración das augas residuais co sistema de plantas Macrofitas. O sistema FMF (Filtro de Macrofitas en Flotación) para a rexeración de augas residuais, é unha aplicación da investigación da Escola Superior de Enxeñeiros Agrónomos da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), que permite a depuración de augas residuais mediante balsas de plantas de gran tamaño. O sistema FMF ten tido o seu recoñecemento internacional no Cumio mundial de Kyoto onde foi “Mención de honor” de Accións sobre a agua.

12,00 Obradoiro prático: Deseño de Sistema de depuración de Augas Residuais en Estanque.
Iremos ao rego e o estanque do Fogar do Santiso, onde preténdese deseñar unha balsa de depuración de augas, para reflexionar, coas persoas que participan na charla, de como realizar a intervención de xeito sustentable.

12,00 Mercadiño de artesáns, música e actividades para nen@s:

- Agora xa podemos brindar no Fogar, porque o vidro das nosas botellas vaise converter en “O DRUIDA POETA”. A escultura de OSCAR ALDONZA e TUCHO ABALO integrada na proposta RECICLArte: unha proposta de proxectos de creación aberta con materiais reciclables.

- Membros da Asociación de pais de minusválidos de Teo (ASPAMITE), amosarán en vivo a artesanía de realización de alfombras. Tamén estará de novo presente coa súa exposición de cestería, alfombras e encadernación, que realizan de cotío no seu programa de integración social e laboral.

- ACTIVIDADES PARA NEN@S: iremos ao regato e teremos XOGOS e DINÁMICAS de sensibilización sobre a auga, desde unha pinga, a choiva ata o mar, tamén poderemos ir á tarde aos Muiños cos maiores. Globos, maquillaxe e oparacaidas de mil cores, estarán de novo presentes para grandes e pequen@s.

- Haberá actuacións de MÚSICA POPULAR para ambientar os espazos e as actividades.

13,00 Proxección vídeo: Los mensajes del agua”, de Masaru Emoto.

Este documental leva á linguaxe audiovisual o contido do libro do mesmo nome.  “Mensajes del agua”, do doutor M. Emoto, é o resultado dos traballos de investigación procedentes da análise da auga de diversas procedencias mediante a utilización de resonancia magnética. Isto permite a observación do HADO (enerxías sutiles relacionadas coa conciencia) e amosa con imaxes da auga cristalizada, como ésta se ve influida por diversos factores coma a música ou a consciencia das persoas. Tanto no libro como no documental, evidénciase que os pensamentos e as emocións poden alterar a estrutura molecular da auga e poden facer comprender a forma tan íntima na que están conectados os seres humanos e o Universo.

16,30 Visita aos muiños da zona
Faremos un percorrido pola parroquia e bosques de Luou, achegándonos ao roteiro con muiños que percorre o Rego de Sestelo, pasando por varias aldeas da comarca.

Colaboran nesta xornada:

FOGAR DO SANTISO, CONCELLO DE TEO,
Amigos da Terra, Anxelot Design, Asociación Aspamite, Oscar Aldonza, Reboreda S.L,
Rede Amigos do Fogar do Santiso, Tucho Abalo, Xan Neira, Zamo Tamay.


Publicado en: Blogue Novas Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes): ,

Deixe un comentario

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org