A VISITA A CERNADA E ARQUEIXAL
17 de Decembro de 2009O pasado sábado dÃa 12 de decembro un grupo de 17 persoas de Eirado e amigos visitamos as instalacións de A Cernada e Arqueixal.
SaÃmos de Compostela ás once da mañá da estación de autobuses repartÃndonos nos coches. Perto das doce chegamos a Palas de Rei, onde Ana, a filla de Benigno de A Cernada nos agardaba para acompañarnos ata a parroquia onde viven eles e as súas vacas. Unha néboa incómoda e un frÃo considerable fixo acto de presenza. Ana amosounos a pequena nave de envasado de iogures, contounos o proceso de elaboración, os inicios da explotación e respostou asmoitas preguntas que nos xurdÃan. Sorprendeunos o feito de que os frascos de iogur e de leite os lavaban á man. Os dos iogures reutilizanos tamén pero recollen menos polo feito de non devolver os cartos aos consumidores. De aquà deducimos que canto máis limpos devolvamos os envases menos traballo terán para limpalos.

Os iogures elaboranos ao fin de semana que é cando están na casa Ana e o seu irmá. É dicir, ao dÃa seguinte Ãan facer os que nos tomaremos o xoves. O reparto o fai Benigno persoalmente por Compostela, Lugo, Sarria e arredores. Traballan os catro membros da familia na explotación e son de A Cernada de sempre. Estaban a facer reformas de mellora nas instalacións da granxa e tamén na súa vivenda.
As vacas, teñen arredor de 35 vacas frisonas dando leite, estaban no prado do monte e non se deixaron ver. AÃnda asà poidemos ver onde durmÃan, onde e como as munxÃan (unha vez pola mañá e outra pola noite cun total de 20-30l aprox por cabeza) e o lugar onde comÃan. O leite que non daban transformado e envasado o vendÃan a President para o seu producto ecolóxico.
Ademáis de estar no prado as alimentaban cun penso adaptado a ecolóxico que mercaban en Asturias. Na actualidade están a pensar ampliar a oferta de productos; queixo, requeixo… Nos seguiremos a apoialos papando!
Voltamos a Palas de Reis e fixemos o picnic na praza do concello, aproveitando as raiolas de sol que aÃnda que flebes, se agradecÃan enormemente. Pan, queixo, tortilla, empada, ensalada, paté, crema de castañas, bizcoito de algarroba… puxémonos as botas de cousas ricas e logo tomamos un café quente nun bar.
Pola tarde fomos hacia a aldea de Albá para que José Luis nos ensinara as instalación de Arqueixal. Quedamos gratamente sorprendidos ao mostrarnos o proxecto de ecoturismo que teñen en marcha, http://www.arqueixal.com/agro/quen.htm
Restauraron unha serie de casas e pallares para turismo rural ao ladiño da explotación, todas eles con criterios de bioconstrucción e autosuficiencia enerxética. Contan tamén con un economuseo cuasi rematado de restaurar que vale a pena ver, colchóns de follato e lá, lareira, a corte no baixo da casa, un tear…
Despois fomos buscar as vacas ao prado, arredor de 30 vacas leiteiras ben acompañadas de un macho boi que fixo templar as pernas de máis de unha e un. As vacas son de raza frisona e parda. Teñen tamén becerros en crÃa. Ao igual que A Cernada mercan pensos ecolóxicos á mesma empresa Asturiana.


Despois de gardadas as vacas ensinounos a queixerÃa por dentro. Bastante cativa para a producción que teñen e estivemos parolando animadamente sobre o consumo ecolóxico e a filosofÃa de vida que conleva.
Antes de marchar, a iso das 19,30, fÃxemos unha parada pola tenda e xa collemos o pedido da semana e non nos resistimos a mercar algo de leite, iogur ou algún queixo a maiores.
Despedimonos de José Luis tamén coa promesa de voltar a visitalos (cando fixera máis algo de sol) e moi satisfeitas da excursión láctea por Palas de Reis.

