Un filme sobre café e comercio
28 de Xaneiro de 2010
Este xoves 28/01 as 20:30hs no local de Amarante-Verdegaia (Romero Donallo, 17)
BLACK GOLD (Ouro Negro)
Un filme sobre café e comercio
«Notábel: unha conmovedora e ao mesmo tempo escandalosa historia.» (The Daily Telegraph)- »Todo o mundo deberÃa velo.» (The Daily Mirror) - »Provocativo e ben realizado.» (Sight & Sound)
As multinacionais do café dominan os centros comerciais e os supermercados, controlando unha industria que move máis de 80 billóns de dólares anuais, convertindo este produto na mercadorÃa comercializada máis valiosa do mundo despois do petróleo.
Mais namentres seguimos pagando máis e máis por un capuccino, o prezo que se lle paga ás comunidades campesiñas cultivadoras do prezado café segue sendo moi baixo, até o ponto de obrigar a moita desta xente a abandoar as colleitas.
En nengún lugar é máis evidente esta paradoxa que en EtiopÃa. Tadesse Meskela, adÃcase a protexer a máis de 74.000 mulleres e homes labregos da bancarrota. Entrementres esta xente está a se esforzar en cultivar algúns dos graos de café de maior calidade do mercado internacional, Tadesse percorre o mundo enteiro procurando compradores/as que paguen un prezo xusto por eles. Coas viaxes de Tadesse a Londres es a Seattle coma telón de fondo, o enorme poder das multinacionais que dominan o comercio de café sae a relucir.
«A nosa esperanza é que algún dÃa o consumidor entenda qué é o que está bebendo. Os consumidores poden cambiar se se lles conciencia. Non é só o café, tódolos produtos están a se pagar a prezos moi baixos e os produtores están atopándose en situación moi difÃciles». Tadesse Meskela
Publicado en: Blogue Novas Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes): amarante, filme, verdegaia

29 de Xaneiro de 2010 at 06:58
Pódese ver o filme enteiro en internet nesta dirección:
http://www.dailymotion.com/video/x8rd0p_black-gold-part-1-of-8_news