Comilona o dia da assembleia!!
19 de Abril de 2010O domingo 2 de maio às 10 horas celebraremos a Assembleia Geral de Eirado no nosso local (Avda.Quiroga Palácios 8, baixo) que finalizará com uma COMILONA!
A Comissão de Comunicação propõe-vos terminar a assembleia do 2 de maio com uma comilona! Como fixemos anteriormente para as merendolas, propomos que digades aqui, na secção de comentários,  que pensades levar.
Que vas levar?
Não é obrigatório levar nada assi que se não che dá tempo não te preocupes. E se preferes comprar algo sempre podes consultar primeiro o nosso GuÃa do consumo responsábel em Compostela.
Se tes medo de levar o mesmo que todo o mundo fixa-te nos comentários deste post. Neles podes dizer-nos que vas levar para que todo o mundo o veja. Também, se tes un antojo, podes dizê-lo aÃ; se calhar alguém se anima a levá-lo para ti. ;)
Por outro lado, se gostarias de que se fixesse, ou de fazer ti mesma, algum tipo de atividade de dinamização concreta também a podes compartir connosco deixando un comentário.



29 de Abril de 2010 at 02:58
Olá guapas e guapos! Eu se teño tempo prepararei unha empanada, e se non teño tempo, mercareina… En fin, que levo empanada!!
Chuchos
29 de Abril de 2010 at 09:19
Boas! Nós tentaremos levar queijo, marmelo e… algo mais que não lembro… :(
Beijos!
29 de Abril de 2010 at 09:31
Olá, larpeir@s. Pois eu suponho que levarei outra empanada ou algo assim. Onde há umha há dúas. Bjs
29 de Abril de 2010 at 09:54
Ola,
Eu fago a miña proposta de “xogo” aquÃ:
Sorteo de comisións!
Xa que na asemblea quedará establecido a obriga de participar nunha das comisións, e é necesario a súa distribución. Unha forma equitativa serÃa por medio dun sorteo. Despois, cadaquén poderá cambiar o seu boleto co doutra persoa. Mesmo poderán informarse con aquelas que coordinen cada comisión.
29 de Abril de 2010 at 10:09
Ola, de novo…
Pois nos levaremos humous
Ñam, ñam
30 de Abril de 2010 at 03:29
Ola,
Eu tiña pensado levar froita, asà un pouco variada.
E.
1 de Maio de 2010 at 07:08
Ola a todas!
Nós levaremos pans diversos. Soa un pouco cutre pero pensamos que como hai tantas cousas no local para mañá (crema de queixo, conservas de pan de mar) vai facer falta. E igual levamos tamén algo de postre, pero pouca cousa.
Tamén levaremos alguns platiños e cubertos e vasos, pero nin de broma chegan para todas asà que se alguén máis ten úteis de pique-nique igual convén achegalos.
bjs e ata mañá
2 de Maio de 2010 at 01:48
ola xente, un pouco tarde o comentario pero levarei algo para que non sexa por min que morramos de fame, cuzcuz con verduras… un pouco picante!!! ata….xa!!!!