eirado.org

Encontro para criar um novo grupo de consumo

6 de Maio de 2010

Parte do labor da cooperativa Eirado é o fomento do consumo responsábel, por iso decidimos organizar un encontro para incitar á creación dun novo grupo de consumo en Compostela, este 19 de maio:

Título: Consumo responsábel: que podemos facer? Encontro para a creación dun grupo de consumo en Compostela.
Día/Hora:  19 de maio ás 19:30 horas
Lugar:  Gentalha do Pichel (R/Santa Clara 21)

A idea é que Eirado participe na creación do novo grupo só nun inicio e só na medida en que lle sexa solicitado: ofrecemos asesoramento, contactos con produtores, experiencia etc. Aínda que contaría con todo o noso apoio e soporte, este grupo sería independente da nosa cooperativa e non tería porque seguir o noso modelo. No encontro describiremos diferentes alternativas de organización que xa existen na Galiza.  Se a raíz da reunión se dan as circunstancias, convocaríase un segundo encontro onde Eirado pasaría xa a un segundo plano, participando só se for requirido polas persoas que mostraron interese por conformar este novo grupo de consumo.
Se a alguén lle interesa participar no proceso desde xa e sen esperar ao primeiro encontro, pode pórse en contacto connosco através do email eirado@eirado.org.  Desta forma poderedes participar tamén na preparación da primeira convocatoria ou formular desde un principio unha proposta. Considerade a Eirado unha “facilitadora” do encontro!

cartaz2

Publicado en: Blogue Info Eirado Etiquetas(podes utilizálas para procurar artigos semellantes): , ,

Deixe un comentario

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org