FIARE, UN PROXECTO DE BANCA ÉTICA
23 de Xaneiro de 2012FIARE, UN PROXECTO DE BANCA ÉTICA
A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou inintencionais.
Toda decisión económica é, definitivamente, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e con consecuencias que favorecen a unhas persoas e prexudican a outras.
Cada vez máis persoas e colectivos van sendo conscientes desta realidade e intentan tomar decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou as súas inversións, con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente. Xorden asà preguntas como as seguintes:
-Cobre o sistema bancario actual as nosas demandas como aforradoras, consumidoras ou inversoras?
-Atopan, asociacións e persoas, respostas nas entidades bancarias tradicionais?
-Onde e desde que criterios invisten os nosos cartos as institucións financieiras?
-Respostan as entidades financieiras ás demandas das nosas sociedades e, especialmente, ás que proveñen de sectores desfavorecidos?
-Existe un modelo alternativo de banca que sitúe esas demandas no centro da súa misión, visión e valores?
A pretensión de dar respostas satisfactorias a estas preguntas atópase no inicio e na base do proxecto de Banca Ética de Fiare.
COMO PARTICIPAR DO PROXECTO DE BANCA ÉTICA DE FIARE.
AnÃmate e convértete en:
- Socio/a promotor/a: contribúe co seu tempo á construción e difusión do proxecto, participando con voz e voto na toma de decisións.
- Achega de capital social: persoa fÃsica, mÃnima de 300 €; persoa xurÃdica, mÃnima de 600 €.
- Achega de fondos adicionais para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido): a partir de 30 € as persoas fÃsicas, e de 300 € as persoas xurÃdicas.
- Socio/a colaborador/a: contribúe ao proxecto pero non está en disposición de asumir o compromiso de traballo do socio/a promotor/a.
- Achega de capital social: persoa fÃsica, 300 €; colectivos, 600 €; empresas e institucións públicas, 1.800 €.
- Opcionalmente pode contribuÃr aportando fondos para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido).
Ser entidade ou persoa social promotora ou colaboradora posibilitará a participación democrática na futura cooperativa de crédito.
Para conseguir que o anterior sexa posible podemos colaborar de moitos xeitos, todos eles son importantes e necesarios. Son fundamentais as achegas económicas, pero tamén son indispensables o traballo de difusión e formación, a cesión dun espazo no propio local, participar nos equipos de traballo (difusión, materiais etc.), colaborar nos grupos locais (polo momento na Coruña, Vigo e Santiago, e en creación noutras cidades galegas) etc.
Polo tanto, se facer unha achega económica non é posible polo momento para ti ou para a túa asociación ou colectivo, non te preocupes, hai moitas máis formas de participar como acabas de ler. Comenta as túas posibilidades, fai suxestións etc. no correo:
Publicado en: Novas