eirado.org

Estas na páxina de novas de eirado.org

Blogue de Eirado

Novas por datas

Podes consultar as novas nosas novas por datas

Novas por temas

Tamén as podes consultar por temas

Ou, se o prefieres, podes curiosear e botarlle un ollo aos nosos últimos artigos


15 de Abril de 2012

19 DE ABRIL, MERCADO DO TROCO NO CENTRO SOCIAL D’O PICHEL_

Non deixes de pasar polo MERCADO DO TROCO que se celebrará o 19 de abril (quinta feira) entre as 18.00 h e as 21.00h polo Centro Social O Pichel (Santa Clara 21 – Compostela).

Desta volta a temática xirará arredor dos aparellos eletrónicos. Ficas convidada! xa que desta volta Eirado segue formando parte das entidades organizadoras.

 

COMO FUNCIONA ESTE ESPAZO DE TROCO?

(información tirada do sitio no facebook)
1. Os obxectos poderán trocarse no momento se atopas algo que sexa do teu gusto. Se non atopas nada …. non hai problema…. darémosche un vale para que recollas o teu obxecto trocado nos vindeiros mercadiños.

2. Tamén contaremos cun taboleiro para que deixes colgado o anuncio de obxectos de maiores dimensións ou valor, que non poidas traer in situ.

3. Temos tamén en mente o proxecto de abrir ao público un foro on line na mesma liña. Xa vos teremos ao tanto.

Propoñemos como primeiro tema o de «libros, películas, música, etc», se ben podes traer calquera tipo de obxecto.

 

 

Publicado en: Blogue Comunicación


V ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES

4 de Marzo de 2012

V ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES

Desta volta en Compostela o V Encontro da Rede Galega de Sementes.

Lugar de celebración: praza 8 de marzo (a carón da Porta do Camiño), no comezo da rúa de San Pedro.

Horario: a partir das 11 da mañá.

Entre outras actividades contarán con: troco de sementes, fornada popular cun obradoiro de cocción de pan, obradoiro de sementeira con compost, posto informativo, mercadiño de produtores, actividades para crianzas…

Publicado en: Blogue Novas


VISITA A UMHA HORTA COM MUITA HISTÓRIA

8 de Febreiro de 2012

A horta ecológica no convento de Herbom é um projeto sem ánimo de lucro criado pola Associaçom de Maes e Pais de Pessoas com Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (Amipa) com o fim de integrar estas pessoas no mundo laboral.

 

Tivemos a oportunidade de conhecer esta fermosíssima iniciativa da mao de Jose Ramón Pardal, o técnico encarregado, que ademais de umha ampla informaçom sobre os produtos que eles cultivam e nós consumimos, ensinou-nos a convento por dentro. Desde aqui, gracinhas pola tua atençom!

Foto_O claustro do convento

Nom só nos fijo acompanhar o processo de cultivo ecológico na horta, senom que também nos explicou em pormenor a história recente e o futuro do belo convento em que se encontra, recentemente declarado Bem de Interesse Cultural.

No invernadoiro mantenhem umha dura luita com um verme que devora as    leitugas e as raízes das couves que ali se plantam. Este bicho resiste a diferentes técnicas ecológicas, como o azeite de onim, cozedura de urtigas… mas na Amipa continuam a tentá-lo… Estas dificuldades som a outra cara da  agricultura ecológica.

 



 

Com Pardal soubemos que as galinhas que nos fornecem ovos todos os meses som de duas raças: as pinheiras e as de Mós.

Fotos_         Galinhas de Mos                                                   Galinhas pinheiras

Agora, depois de um dia a campar por umha carvalheira que tenhem ao lado, e que podedes ver na foto de baixo, voltárom dormir à capoeira.

 

Este projeto de horta ecológica tem 3 ou 4 anos de vida e desde há um ano possui o certificado de CRAE(Consejo Regulador de la Agricultura Ecológica). Agora planificam ampliaçom da plantaçom de laranjeiras com variedades que permitam a colheita de laranjas mais meses por ano.

 

 

 

 



Publicado en: Blogue Novas


FIARE, UN PROXECTO DE BANCA ÉTICA

23 de Xaneiro de 2012

FIARE, UN PROXECTO DE BANCA ÉTICA

A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou inintencionais.

Toda decisión económica é, definitivamente, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e con consecuencias que favorecen a unhas persoas e prexudican a outras.

Cada vez máis persoas e colectivos van sendo conscientes desta realidade e intentan tomar decisións sobre o destino dos seus aforros, sobre as súas solicitudes de crédito ou as súas inversións, con responsabilidade, baseándose nunha información fiable e suficiente. Xorden así preguntas como as seguintes:

-Cobre o sistema bancario actual as nosas demandas como aforradoras, consumidoras ou inversoras?

-Atopan, asociacións e persoas, respostas nas entidades bancarias tradicionais?

-Onde e desde que criterios invisten os nosos cartos as institucións financieiras?

-Respostan as entidades financieiras ás demandas das nosas sociedades e, especialmente, ás que proveñen de sectores desfavorecidos?

-Existe un modelo alternativo de banca que sitúe esas demandas no centro da súa misión, visión e valores?

A pretensión de dar respostas satisfactorias a estas preguntas atópase no inicio e na base do proxecto de Banca Ética de Fiare.

COMO PARTICIPAR DO PROXECTO DE BANCA ÉTICA DE FIARE.

Anímate e convértete en:

  • Socio/a promotor/a: contribúe co seu tempo á construción e difusión do proxecto, participando con voz e voto na toma de decisións.
    • Achega de capital social: persoa física, mínima de 300 €; persoa xurídica, mínima de 600 €.
    • Achega de fondos adicionais para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido): a partir de 30 € as persoas físicas, e de 300 € as persoas xurídicas.
  • Socio/a colaborador/a: contribúe ao proxecto pero non está en disposición de asumir o compromiso de traballo do socio/a promotor/a.
    • Achega de capital social: persoa física, 300 €; colectivos, 600 €; empresas e institucións públicas, 1.800 €.
    • Opcionalmente pode contribuír aportando fondos para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido).

Ser entidade ou persoa social promotora ou colaboradora posibilitará a participación democrática na futura cooperativa de crédito.

Para conseguir que o anterior sexa posible podemos colaborar de moitos xeitos, todos eles son importantes e necesarios. Son fundamentais as achegas económicas, pero tamén son indispensables o traballo de difusión e formación, a cesión dun espazo no propio local, participar nos equipos de traballo (difusión, materiais etc.), colaborar nos grupos locais (polo momento na Coruña, Vigo e Santiago, e en creación noutras cidades galegas) etc.

Polo tanto, se facer unha achega económica non é posible polo momento para ti ou para a túa asociación ou colectivo, non te preocupes, hai moitas máis formas de participar como acabas de ler. Comenta as túas posibilidades, fai suxestións etc. no correo:

Publicado en: Novas


Hoxe na praza do Toural mercado «Para consumir sen nos cosumir»

22 de Decembro de 2011

 

Seis organizacións e o movemento das ‘Indignadas’ impulsan mañá
en Compostela un mercadiño Para consumir sen nos consumir

Hoxe (xoves 21), os colectivos ADEGA, Amarante, Equisol, a Gentalha do Pichel, Panxea e
Verdegaia levan á Praza do Toural ideas prácticas para un
consumo máis consciente coa colaboración das Asembleias do 15-M.

Ás portas do Nadal e para respostar á chamada ao consumo e aos
excesos propios destas datas estas organizacións propóñennos
un mercadiño alternativo onde se amosará outro xeito de facer a compra.

Tamén desenvolverán: un obradoiro de xoguetes feitos con materiais de refugallo, unha xornada de troco, e información sobre a pegada ecolóxica e social que xeran os nosos hábitos de consumo. Son algunhas das actividades que se propoñen para este xoves, 21 de decembro.

-Máis información na páxina de ADEGA ou Verdegaia.

Publicado en: Comunicación Novas

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org