eirado.org
Esta páxina foi actualizada por última vez o día 26 de Abril de 2010

Guía do consumo responsábel en Compostela

Pomos a disposición de todo o mundo este mapa-guía colaborativo no que se localizan as tendas ou espazos de Compostela onde se poden comprar produtos ecolóxicos ou de comercio xusto (excluíndo  as grandes superfícies).

Cada tenda-espazo vai acompañada dun comentario ou descrición que esperemos nos axudes a mellorar, prema na icona para velos.

Mapa de Consumo Responsábel en Compostela


Visualizar mapa maior

Como actualizar o mapa

Se formas parte de Eirado simplemente accede a este enderezo e inicia a sesión co usuario cooperativaeirado[arroba]gmail.com e o noso famoso contrasinal (canto superior dereito). A interface de Google Maps é ben sinxela; após iniciar a sesión preme o botón «Editar» e engade ou edita os puntos que queiras.

Se non pertences a Eirado podes facer calquera destas dúas cousas:

  • deixa un comentario nesta entrada coa túa proposta
  • deixa un comentario nesta entrada solicitando que che demos de alta como editora do mapa

5 comentarios para “Guía do consumo responsábel en Compostela”

  1. Óscar Says:

    Boas! Estes dias introduzim algumas novidades no mapa:

    - Adicionei o mui interessante supermercado-cafetaria Comarca54 (na r/Hórreo).
    - Actualizei a info sobre Panxea (fechada à espera de ter novo local, esperemos que pronto).
    - Especifiquei que desde hai pouco tempo Eira (na r/Nova) tem produtos frescos à venda (quase todo de Gumendi).

    Espero que a info seja útil!

  2. Óscar Says:

    Incluído o novo local de Panxea. Bem-vindos/as de novo!!

  3. Óscar Says:

    Atualizada a informação sobre o Mercado entre lusco e fusco (horário de outono/inverno e nova localização temporária).

  4. Óscar Says:

    Novo local: Triskel, na rua S.Pedro 30. Centro de terapias naturais, com massagens e muitos produtos ecológicos à venda e com bons conselhos para a saúde.

  5. cooperativaeirado Says:

    Engadiu-se a nova loja de comércio justo do mercado de abastos: «Equisol – Sociedade Cooperativa Galega, nave 7,posto 246-247, espaço de comércio justo e consumo responsável. Fair commerce store.»
    Vivam os mercados! ;)

Deixe un comentario

Tes que iniciar sesión para escribir un comentario.

Deseño e creación da plantilla para Wordpress por Eirado
baixo unha licenza libre Creative Commons "recoñoecemento - compartir igual".

eirado.org