Acceso ao xestor de contidos de Eirado
Se xa sabes de que vai isto, simplemente accede.
Desde esta páxina tes acceso ao xestor de contidos do blogue. Nel podes facer as seguintes cousas:
- Cambiar ou corrixir algunha páxina que aches incorrecta, incompleta…
- Escribir un novo artigo que coides de interese para a xente da cooperativa, ou para o MUNDO en xeral.
- Compartir unha receita
- É complicado?
- Non, é moi doado, en breve tentaremos pór algún vÃdeo de axuda e facer un mini-cursiño no local. Mais, se queres, podes probar e fozar un pouco.
Instruccións en video.
Aquà tedes un vÃdeo (7 minutos) e, a seguir, algunhas instruccións en texto. Doble click para velo a pantalla completa
Untitled from danielo on Vimeo.
Instruccións en texto. Acceso
Se queres, podes entrar coa chave xeral que temos todas para os servizos compartidos (correos, o antigo blogue etc.) ou, se o queres facer aÃnda mellor, podes entrar coa túa propia chave.
Que pasa se non dispoño desa famosa chave persoal?
Pois podes facer calquera destas tres cousas:
- Pedirlla á xente da comisión de comunicación na seguinte asamblea.
- Enviar un correo á comisión de comunicación.
- comunicacioneirado arroba eirado punto org
- comunicacioneirado arroba eirado punto org
- Encher o formulario de contacto explicándoo.
No entanto, usa a chave común. E nada máis, preme aquà para acceder e proba
Lembra que só poden acceder as persoas que forman parte Eirado.
Sobre a publicación de artigos (importante)
Cando publiquemos un artigo novo temos que ter en conta estes puntos para que a aplicación funcione correctamente:
- Se o que publicamos é unha receita debemos marcar a categorÃa receitas (e só esa categorÃa). Ademais, podemos incluir as etiquetas que queramos.
- Se publicamos calquera outra nova debemos marcar a categorÃa blog e algunha outra da que gustemos. Ademais, podemos incluir as etiquetas que queramos.
Deste xeito a aplicación sabe se ten que publicar a nosa entrada no blogue ou na sección de receitas.
