Faq (preguntas frecuentes)
Que somos e que mercamos?
- Que é unha cooperativa de consumo?
Basicamente, somos un grupo de persoas que nos asociamos para mercar produtos ecolóxicos de forma directa ás produtoras e produtores. Eliminamos ou reducimos ao mÃnimo os intermediarios e tamén o lucro no acceso aos produtos básicos. Supomos unha alternativa de xeito de consumir, contraria ao consumismo.
- Nada máis?
Si, tamén tentamos difundir o cooperativismo de consumo e os nosos valores. GustarÃanos sementar máis cooperativas e grupos de consumo consciente na nosa sociedade.
- Cal é a diferenza respecto a un grupo de consumo?
No funcionamento básico non hai moita diferenza. No entanto, unha cooperativa contconsua nos seus fins procurar que a súa actividade redunde nun ben social.
- Para quen son os cartos que gañades?
Non gañamos cartos. Os produtos valen o prezo marcado pola produtora ou produtor, e cando é necesario se lle suman os gastos de transporte, por tanto non se lles grava nada. Por outro lado a cota mensual que se paga vai destinada ao pago do aluguer, das transaccións bancarias, materiais etc. O obxectivo da cooperativa desde un punto de vista económico é que perdure no tempo, non que teña cartos para investir.
- Como tomades as decisións?
As decisións tómanse entre todas, nas reunións quincenais e/ou mensuais asà como nas asembleas ordinarias e extraordinarias que teñen lugar ao longo do ano. Cada persoa socia (representante da unidade de consumo) conta cun voto.
- Como axudades ao desenvolvemento sustentábel?
Ao mercar produtos ecolóxicos de temporada, preferentemente locais, de pequenas produtoras e minimizando os envases, axudamos á dignificación das persoas que teñen esta actividade como forma de vida, contribuÃndo asà a unha actividade agrÃcola, gandeira, piscÃcola, e das empresas de transformación sustentábel. Por outro lado, contribuÃmos co mantemento das formas de vida tradicionais, fixación da poboación no rural, pequeno comercio e intercambios económicos máis humanos.
- Entón, todos os produtos son ecolóxicos?
Si, é requisito imprescindÃbel de Eirado adquirir produtos de produción ecolóxica, se ben é certo que nos baseamos na confianza coas persoas que os producen, e, por tanto, non exiximos a posesión dun selo de certificación. Tamén mercamos produtos de comercio xusto.
- A quen llos comprades?
Sempre que sexa posÃbel compramos a produtoras e produtores locais, de non habelas buscamos aquelas que teñamos máis preto. Damos prioridade ás explotacións familiares fronte as grande empresas, e tratamos de evitar, na medida do posÃbel, as distribuidoras.
- Quen decide que produtos mercar?
En cada asemblea decidimos entre todas as persoas asistentes que produtos novos nos gustarÃa ter en vindeiros pedidos, asà que, sempre que haxa consenso e a comisión de produtoras-pedidos o vexa factÃbel, pódese incluÃr calquera produto.
Como funciona a cooperativa?
- Tedes unha tenda? Podo comprar sen ser da cooperativa?
Non, non temos tenda, e non é posÃbel comprar produtos sen ser membro de Eirado.
- Canto custa formar parte de Eirado?
Cada unidade de consumo (familia, xente que convive etc) fai unha achega inicial de 100€ ao capital social da cooperativa (que se lle devolven se a deixa). Para alén diso, temos unha cota mensual de 5€. Os produtos páganse ao mesmo prezo que os compre a cooperativa.
- Que se pode adquirir?
Actualmente verduras, froitas, hortalizas, legumes, iogures, leite, queixo, pan… Tamén de xeito esporádico outros produtos coma arroces, aceite, cueiros, compresas, marmeladas, galletas, fariña, mel, pole, viño…
- Vendedes carne, peixe e/ou marisco?
Todo é cuestión de dar a idea e ter produtoras ou produtores que nos poidan abastecer cumprindo os requisitos. Xa fixemos algún pedido de polos e de polbo.
- Cada canto tempo hai un pedido?
Actualmente facemos un pedido cada 15 dÃas.
- Todo isto soa moi ben mais… é caro, verdade?
Non resulta caro consumir en Eirado, non gravamos os produtos, mantemos os prezos fixados polos produtores e produtoras para que realmente vivan do seu traballo e promovemos un xeito de consumo que evita os produtos non necesarios. Mais se comparamos os prezos dalgúns produtos poden ser superiores, pois en ocasións estanse a vender nos supermercados moi por baixo dos custos de produción. Noutras palabras, queremos contribuÃr a que o rural da nosa contorna siga vivo e se basee en prácticas sustentábeis de produción.
- Podes pór un exemplo?
Exemplo da última cesta de frescos+leite (foto+prezo)
- Como fago un pedido?
Cada 15 dÃas facemos un pedido enchendo un formulario vÃa correo electrónico, realÃzase un depósito, transferencia ou pagamento por bono e despois recollémolo no local (Avenida Quiroga Palacios 8, baixo).
- Como recolledes os produtos? Podédesmos levar a casa?
O pedido recóllese no local o xoves e o venres á tardiña (normalmente de 19:30 a 20:30 horas) da semana que corresponda (hai pedido cada dúas semanas). Non se leva o pedido ás casas das socias e socios.
Como me fago soci@?
- Como me fago socia?
Na páxina Como unirse desta web tes toda a información ou tamén podes contactar connosco para resolver calquera dúbida.
- Non vivo en Santiago de Compostela, sabedes dalgunha outra cooperativa de consumo?
Si, na columna da dereita tes ligazóns a unhas cantas, se tes dúbidas ou suxestións envÃanos un correo electrónico que tentaremos axudar!
Produtoras/es
- Que fago para vendervos os meus produtos?
Ponte en contacto connosco e explÃcanos un pouco que produtos ofertas, de onde es, como produces… Logo unha persoa de Eirado contactará contigo.
