Como unirse a Eirado
[INFORMACIÓN ACTUALIZADA - 04/10/2010]
Se tes vontade de formar parte de Eirado estás de sorte, porque é unha experiencia aberta a todo o mundo. Daquela, cal é o proceso para asociarse e participar?
O proceso
Consta basicamente das seguintes fases:
- Enviar o formulario de solicitude de admisión por correo electrónico (eirado@eirado.org) ou por correo postal ao noso enderezo (dirixÃndoo ao Consello Reitor da cooperativa Eirado): Avenida Quiroga Palacios 8, baixo. 15703 Santiago de Compostela.
- Unha vez recibida a solicitude será o Consello Reitor da cooperativa quen a examine, dispondo dun prazo máximo de dous meses para decidir sobre dita solicitude.
- Comúnicase por correo electrónico a aceptación ou negación (en caso de que non obteñas resposta en 2 meses enténdese esta por negativa).
- En caso de admisión indicarase no mencionado correo os pasos a seguir entre os cales figuran os seguintes:
- Ingresar a achega ao capital social da cooperativa (100€) antes de 15 dÃas.
- Ingresar na conta a parte proporcional da cota semestral (30€).
- Marcar unha reunión coa Comisión de benvida designada polo Consello Reitor ou a Asemblea, a cal explicará o funcionamento interno de Eirado e resolverá as dúbidas que poidan existir.
Desde aquà podes descargar un documento onde se explica máis polo miúdo o protocolo de admisión de nov@s soci@s. Por outro lado, recomendamos a lectura do Regulamento de Réxime Interno.
Lembra tamén que a admisión é para «unidades de consumo ou convivencia», é dicir, que se sondes varias as persoas na casa só tendes que presentar unha solicitude.
Preguntas frecuentes sobre o proceso de admisión.
Que é o capital social?
- É o capital que conforma a cooperativa e que servirÃa, en caso de quebra, de garantÃa para os nosos fornecedores.
Se me dou de baixa, devolvédesme a miña parte do capital social?
- Si. Ademais, se sondes varias as persoas convivindo só se precisa unha achega para todas.
Que implica ser socio/a de Eirado?
- Tal e como se pode ler no Regulamente de Réxime Interno, existe unha cota mÃnima de traballo. Eirado non dispón de traballadores/as asalariados e todo o funcionamento da cooperativa recae nas persoas asociadas. Esa cota de traballo implica realizar diferentes tarefas, que varÃan dependendo das preferencias e habilidades de cada un/ha, da dispoñibilidade e mesmo da situación persoal (pode solicitarse baixa por maternidade, doenza etc.).
